Ximiela é un grupo que foi evolucionando co paso dos anos e canda el os seus traxes. Isto non sería posible sen as súas costureiras. Os traxes de Ximiela sempre estiveron moi ben valorados na comarca, en especial o traxe de Muros. Tanto é así que ata se fixo un libro da Indumentaria tradicional galega así como centos de exposicións dos traxes por toda Galicia e incluso fóra dela como en Madrid, Bilbao ou Portugal. Falando con Manola, unha das costureiras de Ximiela, preguntámoslle cal era a maior satisfacción para unha costureira que fai o seu traballo totalmente gratuíto. Manola sen dubidalo nin un intre dixo:
– “verllos ás rapazas postos nun escenario; ao velas bailar, esquéceseche todo o traballo que che levou bordar cada vestido”.
Falas de bordar, ti es a que bordas ou facedes todas un pouco de todo?
– “Facer facemos todas un pouco de todo, dende pasar un ilbán ata facer unha camisa, pero a miña “especialidade” é o bordado”.
Pero que é o que bordas exactamente?
– “ Eu empecei coa pasamanería. Hai que recoñecer que é un “traballo de chinos” ( di entre risas) pero é cuestión de práctica como todo, é os traxes cargados de “boliñas” quedan espectaculares, locen moito nos escenarios.
Despois da pasamanería, animeime a probar coas bainicas, isto si que me parecía difícil, pero o final déuseme moi ben. Fago bainicas para camisas, mandís ou o que se me poña por diante” cóntanos Manola entre risas.
Todo o teu traballo é manual entón?
– “Si, eu nin sequera sei usar a máquina! Deso encárgase Manela e Divina que elas si que saben!”
Porque formas parte das costureiras de Ximiela?
– “Porque unha das miñas fillas baila, canta e toca dende nena e sempre quixen axudar no grupo no que puiden, e bueno agora bailo eu tamén así que non penso deixalo!”
Pero realmente vale a pena tanto esforzo?
– “ Por suposto, faríao unha e mil veces máis! Encántame o folclore galego, encántanme os bailes e os cantos e penso que todo isto sempre ten que ir acompañado dunha vestimenta axeitada. Ademais as rapazas sempre nolo agradecen con moito cariño e isto aínda nos anima máis a seguir adiante”
Nesta nova actualización do blog de Ximiela traémosvos unha entrevista a fantástico músico e mestre, Gutier Álvarez. El daranos algunha pista sobre instrumentos que non solemos ver a miúdo. Así que lede atentamente e despois disfrutade da súa música.
Ximiela – ¿Que foi o que te levou a somerxerte no mundo da música?
Guiter Álvarez – Eu nacín e vivín a miña infancia en Trives (Ourense). Alí existían clases de gaita e de baile que figuraban como actividades complementarias no colexio. Cando ías en terceiro de primaria podías elexir entre unha das dúas cousas. Eu elexín gaita e alí comezou todo. Por iso agora, xa mais de vinte anos despois bailo tan mal!
X – ¿Estás metido nalgún proxecto musical ou grupo actualmente? ¿Dedícaste á música profesional principalmente ou tes algunha outra ocupación que compaxinas?
G.A. – Sí adícome á música profesionalmente e reivindico o xeito en que o fago xa que moita xente pensa que ser mestre de música en primaria non é ser un profesional da música.
Compartir experiencias musicais cos cativos é crecer musicalmente día a día xunto a eles. Ás veces penso que me dan mais eles a min que eu a eles. Estar rodeado de cativos todos os días expostos a procesos creativos e artísticos é unha experiencia abraiante.
Pero por outra banda, parello ao meu traballo como mestre do ensino público si que me adico aos proxectos que me permite o meu tempo libre. Actualmente e dende fai uns anos toco coa banda Pablo Seoane Grupo, o dúo Comisa Bal e agora entro a formar parte tamén do proxecto “Brasilego” do músico Sergio Tannus.
X – ¿Podes ti só con todo ou ás veces desexarías multiplicarte para estar en todos os sitios?
G.A. – Jeje! Creo que é obvio, pero anque dixera que desexo multiplicarme, sería unha mentira piadosa. Mellor non o querer! A verdade é que eu non sei se sabería levar as cousas con pausa, tranquilidade e sen ir a mil por hora. Posiblemente se me multiplicase por dous, eses dous tentarían facer o doble do que poden e polo tanto acabarían igual de agobiados igualmente. Sería inevitable.
X – Teño entendido que das clase de violín na Central Folque, ¿gústache? ¿Como se desenvolve e organiza ese centro?
G.A. – Dou, a Central Folque é parte importante da miña vida. Durante moitos anos fun alumno de zanfona aínda cando estabamos en Lalín e nunca deixei de estar relacionado con ela, agora como mestre de violino. Para min trátase de aportar o meu pequeno grao de area ao coñecemento e difusión da música popular a través deste instrumento xa tan esquecido dentro da nosa tradición pero tan universal. Me resulta un reto apaixoante e que pode dar grandes satisfacións.
A Central non solo é un centro de formación tipo academia de música. Por suposto nós impartimos a docencia de instrumentos propios da tradición galega e traballamos sobre estos repertorios, pero parello a todo isto hai un tecido moito mais grande que acaba desembocando nunha estructura cultural global. Existe tamén unha liña de documentación e estudios historiográficos que xenera proxectos interdisciplinares a partires das súas pesquisas. Logo existe unha liña de promoción de eventos culturais encargada de crear , deseñar e producir proxectos musicais ou das artes escénicas involucrando aos artistas e bandas asociadas e da Central. Finalmente existe tamén unha liña editorial de publicación de material bibliográfico e discográfico co selo da Central. Non me quero esquecer tampouco da Aula Infantil Folque que temos en Pontevedra.
Comisa bal dúo o no que Gutier Álvarez é un dos compoñentes.
X – ¿Cales son os teus instrumentos musicais predilectos? ¿Considéraste un “coleccionista”?
G.A. – Coleccionismo soame a ter instrumentos por telos, alí parados, só para miralos. O que si que non teño reparo é en dicir que son bastante “friky”. Gústame experimentar e adquirir novos instrumentos que me chaman a atención pola súa orixinalidade ou polo pouco comúns que son.
Non podo elexir de entre todos os instrumentos que teño. Lóxicamente morro pola miña zanfona e gardo unha relación moi íntima co meu violín e a súa personalidade e xeito en que soa. Jeje! E a veces sinto celos do meu violín trompeta xa que creo que acapara toda a atención e me quita protagonismo a min como músico.
X – Sabemos que te interesa a recuperación de instrumentos, ¿que te traes entre mans nestes intres?
G.A. – O meu problema é non ter boa destreza ou coñecementos para a luthería. Nese senso sempre admirei a quen sí se desenvolve e dalgunha maneira sempre me aprobeitei un pouco da vontade de amigos aos que admiro moito para levar a cabo algunha das miñas “idas de olla”.Vamos, ¡que son un pesado! Agora mesmo teño secuestrado a Pablo para axudarme a facer un Ravan Hatta, que é unha especie de rabel orixinario da India.
X – Centrémonos no que entendemos que é a túa predilección, a zanfona, ¿como chegou ás túas mans? ¿Como comezastes a interesarte por este instrumento?
G.A. – Recordo sendo moi pequechiño e comentarlle á miña mai que quería tocar unha zanfona porque escoitara unha en non sei que cinta de casete. Dende aquela imaxe premonitoria ata que chego á Central Folque en Lalín e decido meterme en clases de zanfona con Oscar Fernández pasaron anos. Pero como todo, ao final foi froito de varias casualidades e coincidencias que te levan a estar no sitio correcto no momento correcto, agora que penso niso.
X – ¿Poderías contarnos algo sobre ela?
G.A. – Ésta é a miña segunda zanfona. É un instrumento elaborado polo luthier austríaco Wolfgang Weichselbaumer. Se trata dun instrumento cun son potente, moi noble e cunha boa resposta dinámica gracias a que foi construído introducindo técnicas lutheria propias de violíns e guitarras. Por outra banda conta con 20 cordas diferentes que me permiten facer dende unha melodía sinxela ata acompañamentos rítmicos, polifonías, efectos e reberberacións, baixos, etc. Tamén conta cun previo integrado que che soluciona a amplificación e sonorización nun directo con garantías.
X – Para rematar, ¿como te definirías a ti mesmo en canto ao campo musical?
G.A. – Uff! Esta é difícil. A ver, inicialmente é evidente que son un músico de tradición xa que a miña formación e intereses sempre viñeron da man dela. Pero afrontoa dende a visión dun rapaz que vive, pensa e se expresa na sociedade de hoxe e non de hai un século. Lóxicamente cada persoa ten a súa proposta ou proxecto vital co que quere ser identificado. A min gústame verme como alguén que se reinventa a si mesmo de seguido, que non ten prexuízos musicais, inquedo, que traballa pola música e por expresarse dende a humildade, vital e enérxico. Non sei se despois o logro… pero así me gusta verme.